O CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO UN DOS OITO CENTROS PILOTO DO PROXECTO ATOPA
Dende o Equipo de Convivencia e o Departamento de Orientación, queremos contarvos que o noso centro vai formar parte dunha experiencia piloto no eido da convivencia. Imos participar coas nosas alumnas e alumnos no Proxecto Atopa, promovido pola Asociación ASTEAVI de Vigo e coa colaboración da Escola de Telecomunicacións de Vigo.
Trátase da utilización dunha sinxela APP para realizar test sociométricos que nos van permitir coñecer o clima de convivencia nas aulas. Formamos parte dun grupo de 8 centros de ensino no que se vai implantar esta experiencia. As ferramentas dixitais, que pon ASTEAVI á nosa disposición de xeito gratuito, vannos permitir analizar con rigor os resultados do traballo en convivencia que levamos facendo estes anos e propoñer melloras para seguir avanzando nesta liña, un dos obxectivos principais do noso centro.
Se queredes saber máis sobre o proxecto ATOPA, podedes consultar no seguinte Genially:
E tamén na propia páxina web de Atopa, aquí:
Unha aperta do Equipo de Convivencia e o Departamento de Orientación.
SON VISUAL
SON AUDITIVO
TEXTO PARA PEQUENOS LECTORES
DENDE O EQUIPO DE CONVIVENCIA E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, QUEREMOS CONTARVOS QUE O NOSO CENTRO VAI FORMAR PARTE DUNHA EXPERIENCIA PILOTO NO EIDO DA CONVIVENCIA. IMOS PARTICIPAR COAS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS NO PROXECTO ATOPA, PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN ASTEAVI DE VIGO E COA COLABORACIÓN DA ESCOLA DE TELECOMUNICACIÓNS DE VIGO.
TRÁTASE DA UTILIZACIÓN DUNHA SINXELA APP PARA REALIZAR TEST SOCIOMÉTRICOS QUE NOS VAN PERMITIR COÑECER O CLIMA DE CONVIVENCIA NAS AULAS. FORMAMOS PARTE DUN GRUPO DE 8 CENTROS DE ENSINO NO QUE SE VAI IMPLANTAR ESTA EXPERIENCIA. AS FERRAMENTAS DIXITAIS, QUE PON ASTEAVI Á NOSA DISPOSICIÓN DE XEITO GRATUITO, VANNOS PERMITIR ANALIZAR CON RIGOR OS RESULTADOS DO TRABALLO EN CONVIVENCIA QUE LEVAMOS FACENDO ESTES ANOS E PROPOÑER MELLORAS PARA SEGUIR AVANZANDO NESTA LIÑA, UN DOS OBXECTIVOS PRINCIPAIS DO NOSO CENTRO.
ESPERAMOS QUE ESTA INICIATIVA RESULTE DO VOSO INTERESE E AGARDAMOS, COMA SEMPRE, QUE NOS FAGADES CHEGAR AS VOSAS SUXERENCIAS.
UNHA APERTA DO EQUIPO DE CONVIVENCIA E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
Comentarios
Publicar un comentario