Patios Colectivos
Todes temos dereito a xogar.
Patios Colectivos é un proxecto de patios inclusivos deseñado polo CEIP Mestre Martínez Alonso, pioneiro no achegamento do xogo a todo alumnado independentemente das súas destrezas, ou xeito de procesar a información que nos rodea. Porque todes temos dereito a xogar...
Neste primeiro trimestre do curso 2020-21 comezamos introducindo os luns o xogo de comba e de goma elástica. Este tipo de xogos melloran o coordinación (óculo manual) e o equibrio, traballan o ritmo, e son unha fonte de exercicio divertida e moi completa. Ademais o feito de "apouchar" (dar ou quedar dando na corda) ou esperar turnos, traballa situacións da vida cotiá, así coma a intranquilidade da espera.
Estas son as cancións que iremos traballando este trimeste. Podes descargalas para traballar na aula ou para desfrutar na casa!
Comentarios
Publicar un comentario