Día Internacional dos dereitos dos animais

Hoxe, Día 10 de decembro de 2020, é o Día Universal dos Dereitos dos Animais, e dende o Equipo de Convivencia queremos mostrarvos os dereitos que teñen pois este ano, o noso PDI trata sobre esta temática que escollístedes vós mesmes. 

¿Sabías que os animais teñen dereitos?

Aquí vos deixamos un resumo dos artigos que conforman a Declaración Universal dos Dereitos do Animal, elaborada pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal, e recoñecida pola UNESCO e posteriormente pola ONU.

 

 Declaración Universal dos Dereitos do Animal.

1º.  Todos os animais nacen iguais ante a vida e teñen dereito á existencia.


2º- Todo animal ten dereito a ser respectado.

 

3º- Ningún animal será sometido a malos tratos.

 

4º- Todo animal salvaxe ten dereito a vivir en liberdade no seu hábitat.

 

 5º-  Todo animal que viva co home ten dereito a vivir e medrar ó seu ritmo e con liberdade.

 

6º-  O abandono dun animal é un feito cruel.


7º- Todo animal de traballo ten dereito a facelo por tempo razonable, a comida e a descanso.


8º-  A experimentación con animais que implique sufrimento é incompatible cos dereitos dos animais.

 

9º- Os animais criados para a alimentación deben ser alimentados, aloxados, transportados e tratados ben.

 

10º- Ningún animal será explotado para beneficio do home.


11º- A morte dun animal é un crime (biocidio).

 

12º- Todo acto que implique a morte de moitos animais é un xenocidio.

 

13º- Un animal morto debe ser tratado con respecto.


14º - Os dereitos dos animais deben ser respectados igual que os dos homes.

 

 

Podes descargar aquí unha versión do texto por se queres imprimila para á túa aula.

 


Comentarios

Escola de familias

Entradas populares