ESTREAMOS A ESCOLA DE FAMILIAS EDUCANDO 2.0
Coma anunciamos a principio de curso, este ano quixemos reconvertir a nosa Escola de Familias nunha escola de talentos, e coma non nos era posible a presencialidade polo protocolo antiCOVID, pensamos no formato vídeo que sempre se pode adaptar a todo tipo de horarios.
Pois ben, queridas familias, aquí está o prometido. Estreamos a nosa Escola de talentos con Lily Barros, nai dun dos nosos alumnos e docente especialista en lingua inglesa que nos propón algúns consellos para animar ao alumnado a ler, e ademais, convídanos a empregar o contacontos coma modo de dinamización lectora non soamente na etapa de Educación Infantil, senón tamén na de Prtimaria. Para finalizar, fainos unha sesión de contacontos moi especial en lingua iglesa a través do conto "Dear zoo".
Podedes seguir a Lily no seu canal de Youtube nesta enlace. Grazas, Lily, por achegar o teu talento á nosa comunidade!
En breve, novos vídeos educativos para educar en tribo. Non dubidedes en deixar o voso feedback para a nosa especialista en comentarios e nas nosas redes sociais. Sentímonos moi ilusionados e orgullosos da nosa comunidade que crece un pouco máis no día de hoxe.
E non esquezas que se tes algo que aportar, coma fixo Lily hoxe, podes enviar o teu vídeo ó Equipo de Convivencia no seguinte enderezo: colemestremartinezalonso@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario