Revolución biosbardos!

No noso cole estamos presenciando toda unha revolución. Coma final do proxecto Seguindo as pegadas, o colexio colabora coa protectora de animais "Os biosbardos". Así, cúmprese un dos principais obxectivos deste curso, concienciar ao alumnado acerca dos dereitos dos animais, do seu coidado e respecto.

Os vindeiros días 28 e 31 de maio, acudirán ao noso centro para ofrecer unhas charlas educativas a todo o noso alumnado, responsables da protectora.


Podemos colaborar con eles levando ao colexio comida para cans ou para gatos (preferiblemente pienso para cachorros).

O alumnado está tan concienciado, que algunhas clases (4 anos) están a facer campañas de concienciación social, difundindo carteis e mensaxes polo cole.

 



Dende o Equipo de Convivencia estamos orgullosos do traballo das nosas e dos nosos catives, que unha vez máis aprenden valores fundamentais máis aló do estrictamente académido; e do profesorado do Equipo de Dinamización da biblioteca que fai todo isto posible.

Así que xa sabes, COLABORA!!

E por se aínda non estás convencide, aquí te deixamos un link con información sobre esta protectora.

 

SON VISUAL

 

 
 

TEXTO PARA PEQUENOS LECTORES 

NO NOSO COLE ESTAMOS PRESENCIANDO TODA UNHA REVOLUCIÓN. COMA FINAL DO PROXECTO SEGUINDO AS PEGADAS, O COLEXIO COLABORA COA PROTECTORA DE ANIMAIS "OS BIOSBARDOS". ASÍ, CÚMPRESE UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DESTE CURSO, CONCIENCIAR AO ALUMNADO ACERCA DOS DEREITOS DOS ANIMAIS, DO SEU COIDADO E RESPECTO.

OS VINDEIROS DÍAS 28 E 31 DE MAIO, ACUDIRÁN AO NOSO CENTRO PARA OFRECER UNHAS CHARLAS EDUCATIVAS A TODO O NOSO ALUMNADO, RESPONSABLES DA PROTECTORA.

PODEMOS COLABORAR CON ELES LEVANDO AO COLEXIO COMIDA PARA CANS OU PARA GATOS (PREFERIBLEMENTE PIENSO PARA CACHORROS).

O ALUMNADO ESTÁ TAN CONCIENCIADO, QUE ALGUNHAS CLASES (4 ANOS!!) ESTÁN A FACER CAMPAÑAS DE CONCIENCIACIÓN SOCIAL, DIFUNDINDO CARTEIS E MENSAXES POLO COLE.

DENDE O EQUIPO DE CONVIVENCIA ESTAMOS ORGULLOSOS DO TRABALLO DAS NOSAS E DOS NOSOS CATIVES, QUE UNHA VEZ MÁIS APRENDEN VALORES FUNDAMENTAIS MÁIS ALÓ DO ESTRICTAMENTE ACADÉMIDO; E DO PROFESORADO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA QUE FAI TODO ISTO POSIBLE.

ASÍ QUE XA SABES, COLABORA!!

 

Comentarios

Escola de familias

Entradas populares