CONECTADAS, un modo de traballar o bullying e o bullying de xénero nas aulas

Hoxe, 17 de maio, ademáis de festexar o día das nosas letras, queremos tamén compartir coa nosa comunidade educativa o noso último proxecto por ser o Día Internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia.

"Conectadas" é un proxecto artístico e cultural basado no traballo de prevención a través da concienciación do bullying de xénero. 

No CEIP Mestre Martínez Alonso cremos que ninguén é quen de facerte sentir mal por elexir a quen amar, por iso loitamos contra os prexuizos formando e fomentando a cultura.



Que é bullying e bullying de xénero?

A nosa experta en diversidade afectivo sexual e bullying de xénero, a teacher Alba, nolo conta.


Loitar contra os prexuizos a través da arte.

Este mes, o noso alumnado está a cubrir unha enquisa proporcionada polo Equipo de Convivencia para cubrir unha serie de ítems que nos mostren unha liña de vida de cada alumna, cada alumno ou cada alumne. 

 

Coas respostas de estas enquisas cuxa información é anónima, confidencial e que trataremos con fins de prevención de conflictos, bullying e bullying de xénero; faremos unha obra artística común entre todo o centro, para a cal tomamos coma fonte de inspiración esta obra de arte de Corey March. 



Invitámoste a cubrir a enquisa de mostra para facer unha liña de vida virtual e conectarnos en todes! 

Porque soamente CONECTADAS podemos loitar contra o bullying. Contamos contigo!


SON VISUAL.

 

TEXTO PARA PEQUENOS LECTORES.

HOXE, 17 DE MAIO, ADEMÁIS DE FESTEXAR O DÍA DAS NOSAS LETRAS, QUEREMOS TAMÉN COMPARTIR COA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA O NOSO ÚLTIMO PROXECTO POR SER O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A BIFOBIA.

CONECTADAS É UN PROXECTO ARTÍSTICO E CULTURAL BASADO NO TRABALLO DE PREVENCIÓN A TRAVÉS DA CONCIENCIACIÓN DO BULLYING DE XÉNERO

NO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO CREMOS QUE NINGUÉN É QUEN DE FACERTE SENTIR MAL POR ELEXIR A QUE AMAR, POR ISO LOITAMOS CONTRA OS PREXUIZOS FORMANDO E FOMENTANDO A CULTURA.

ESTE MES, O NOSO ALUMNADO ESTÁ A CUBRIR UNHA ENQUISA PROPORCIONADA POLO EQUIPO DE CONVIVENCIA PARA CUBRIR UNHA SERIE DE ÍTEMS QUE NOS MOSTREN UNHA LIÑA DE VIDA DE CADA ALUMNA, CADA ALUMNO OU CADA ALUMNE. 

COAS RESPOSTAS DE ESTAS ENQUISAS CUXA INFORMACIÓN É ANÓNIMA, CONFIDENCIAL E QUE TRATAREMOS CON FINS DE PREVENCIÓN DE CONFLICTOS, BULLYING E BULLYING DE XÉNERO; FAREMOS UNHA OBRA ARTÍSTICA COMÚN ENTRE TODO O CENTRO, PARA A CAL TOMAMOS COMA FONTE DE INSPIRACIÓN ESTA OBRA DE ARTE DE COREY MARCH. 

INVITÁMOSTE A CUBRIR A ENQUISA DE MOSTRA PARA FACER UNHA LIÑA DE VIDA VIRTUAL E CONECTARNOS EN TODES! 

PORQUE SOAMENTE CONECTADAS PODEMOS LOITAR CONTRA O BULLYING. CONTAMOS CONTIGO!



Comentarios

Escola de familias

Entradas populares