I Club de lectura fem!
Este ano, dende o Equipo de Convivencia e en colaboración co Equipo de Biblioteca, traballamos en marzo a figura da muller a través dunha actividade lectora nesta próxima semana (do 8 ao 12 de marzo). Trátase do noso primeiro Club de lectura feminista, que trata de mostrar lecturas onde a muller e as nenas estén presentes.
A través do lema: "Se non podo ler, non quero formar parte da túa revolución", e en consoancia co noso Plan de Igualdade (que podes consultar nesta mesma páxina, na barra lateral), propomos as seguintes actividades:
SUXESTIÓNS PARA O DEBATE:
Facemos algunhas suxestións para fomentar o debate e a participación durante a semana:
- O profesorado actuará como guía e moderador, sen enxuizar as diferentes participacións. Pero si que pode formular preguntas que fomenten a intervención do alumnado.
- Non se obriga á participación deste, senón que se invita a falar.
- Facer notar a necesidade da literatura onde nenas ou mulleres sexan as protagonistas.
- É interesante estar en formación de círculo, de xeito que todos poidamos vernos as caras.
- Estas son algunhas preguntas interesantes para facer:
- Que vos pareceu a protagonista do relato?
- Lémbravos a algunha outra personaxe coñecida?
- Que pasaría se a protagonista fose do sexo contrario?
- Como contariamos este conto ao revés?
- Etc.
- Rematar as sesións recitando o lema do Club de lectura fem!: "Se non podo ler, non quero formar parte da túa revolución". Estará tamén signado por se queredes ensinalo con LSE. Encontrarédelo nun código QR no centro, próximamente.
VÍDEOS PARA INTANTIL:
MAIS MATERIAL RECOMENDADO POR SE QUEREDES AMPLIAR NAS SESIÓNS DE CLASE:
SON VISUAL:
TEXTO PARA PEQUENOS LECTORES:
ESTE ANO, DENDE O EQUIPO DE CONVIVENCIA E EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA, TRABALLAMOS EN MARZO A FIGURA DA MULLER A TRAVÉS DUNHA ACTIVIDADE LECTORA NESTA PRÓXIMA SEMANA. TRÁTASE DO NOSO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA FEMINISTA, QUE TRATA DE MOSTRAR LECTURAS ONDE A MULLER E AS NENAS ESTÉN PRESENTES.
A TRAVÉS DO LEMA: "SE NON PODO LER, NON QUERO FORMAR PARTE DA TÚA REVOLUCIÓN", E EN CONSOANCIA CO NOSO PLAN DE IGUALDADE (QUE PODES CONSULTAR NESTA MESMA PÁXINA, NA BARRA LATERAL), PROPOMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES (ARRIBA).
Comentarios
Publicar un comentario