Consellos do Equipo de Convivencia para o entroido

 

Como xa sabedes a temática do entroido 2021 é "Seguindo as pegadas", centrada na figura dos animais. Os disfraces son libres dentro de esta temática pero aínda así, e tendo experiencias doutros anos, gostaríanos compartir uns pequenos consellos coas familias do noso cole:
 
 


1. Moito coidado coa hipersexualización das nenas.  

 
Hoxe en día está case normalizado que as nosas nenas se disfracen dun xeito hipersexualizado, con ropa non acorde a súa idade nin madurez, con maquillaxe excesiva e sen sentido, con zapatos de tacón incómodos que lles impiden desfrutar deste día de festa... Non queremos que as nosas alumnas pensen que para ter éxito coma mulleres teñen que gustar, e por iso rexeitamos este tipo de disfraces. O que ten que facer a nosa infancia é divertirse e non preocuparse por agradar á mirada de ninguén. 
 

2. Se nalgún caso houbera unha opción de representar a alguna profesión tratemos de romper cos estereotipos.  

 
Mesmo se é no mundo dos animais, non sempre ten que ser el o veterinario e ela a secretaria da consulta veterinaria. Tal vez ela sexa a xefa empresaria e él un adestrador de cans.
 

 3. Non a hiperfemenización e/ou hipermasculinización de todos os disfraces. 

 
As nosas nenas non necesitan ir guapas se van de polvo, de buzo ou de pez, básicamente porque non existe unha beleza femenina neses disfraces. Non induzcamos as nosas nenas xa dende pequenas a ter que pensar en estar guapas como a súa valía indiscutible e principal. Os nosos nenos tampouco é necesario que veñan disfrazados do pez más rápido do oceáno, do pescador máis musculoso ou do domador mais exitoso. Isto é volver a darlles aos nosos rapaces varóns o peso de ser os mellores, os que lideren, os que salven, os mais fortes... Son nenos e teñen que xogar e disfrutar coma nenos, non sempre a salvar ao mundo. 
 

4. Que o teu fillo ou filla poida elixir de quen quere disfrazarse mesmo se iso implica disfrazarse doutro sexo.  

 
Se a túa nena quere ir de veterinario ou xinete paréceme fantástico pero tamén mo parece se o teu neno quere ir da Sirenita ou de bailarina no balet do lago dos cisnes. Disfrazarse é para soñar, para divertirse, para pasalo ben. Que o teu neno admire a algún personaxe femenino é fantástico, non lle cortes as ás a ese disfrute.

 

5. Se o teu fillo vai de moza ou muller que sexa porque a admira non para mofarse de ela.  

 

Non permitas que o teu fillo se vista de muller para que os demais se rían das mulleres. Se así o fai que sexa para destacar os talentos dalgunha muller e non para ensalzar defectos físicos que non definen as persoas. Dende o CEIP Mestre Martínez Alonso esperamos que este ano o entroido sexa unha festa para todes, libre de sexismo, de violencia e chea de disfrute! 
 
 Feliz Entroido familia!

Comentarios

Escola de familias

Entradas populares