CARTAS DE GRATITUDE POLA PAZ
Dende o Equipo de Convivencia seguimos a traballar a gratitude coma forma de loitar contra os conflictos violentos.
En palabras da escritora Melody Beattie:
“A gratitude dálle sentido ó pasado, trae paz ó presente e crea unha visión para o futuro”.
Este ano, propuxémoslle ao noso alumnado a actividade “CARTAS DE GRATITUDE POLA PAZ”:
Consiste en escribir unha carta de agradecemento á persoas ou organizacións que traballan na erradicación da violencia e dos prexuizos de todo tipo, na promoción da cultura de paz e os dereitos universais das persoas, etc.
Escolléronse ás seguintes persoas e organizacións para escribirlles ás cartas de agradecemento aínda que demos total libertade para escoller ós/ás destinatarios/as que as aulas considerasen.
|
Llorenç Vidal |
Mestre creador e fundador do DENIP. |
O Langui |
Cantante creador de temas con conciencia social fronte ó bullying. |
Carola Rackete |
Capitana de barco que salvou decenas de emigrantes levándoos a un porto seguro, sendo detida por tal feito. |
Malala |
Activista social |
Greta Thunberg |
Activista medioambiental |
Persoal do hospital Álvaro Cunqueiro |
Sobran ás explicacións. |
Asociación Vicente Ferrer |
Asociación de axuda humanitaria |
Rozalén |
Cantante creadora de temas de conciencia social sobre o maltrato de xénero, tamén visibiliza á diversidade aportando unha intérprete de LSE nas súas interpretacións. |
Maestro Manu |
Docente creador do blog Maestros cos nenos de Siria. |
Gitanjali Rao |
Nena de 15 anos que creou unha app para loitar co ciberacoso |
Míkel Gómez |
Creou un movimiento para que os nenos foran con faldas ós seus centros educativos |
Coy Mathis |
Nena que sendo transxénero esixiu un baño neutro no seu centro escolar, chegando á unha loita legal con este, e mesmo gañándoa. |
Green Peace |
Asociación medioambientalista. |
Asociación Médicos sen fronteiras |
Polo seu traballo salvando vidas en conflictos bélicos. |
Barack Obama |
Nobel da Paz |
No día 29 de xaneiro, farase un pequeno acto de agradecemento nos patios de recreo, se o tempo o permite.
EXEMPLO: 1. Grazas á miña amiga María por xogar comigo esta semana.
2. Grazas á miña profe que me axudou coas contas.
3. ...
Tamén poderán ser debuxos ou escribir a palabra "grazas", coma xesto simbólico eixe da actividade.
A continuación farase un avión con este papel que botaremos a voar no
patio para finalizar a actividade “Cartas de gratitude pola paz”. Por
último deixaremos que o alumnado comparta estas situación de
agradecemento cos/as compañeiros/as.
En colaboración co Equipo de Actividades extraescolares proponse tamén traballar a figura do dragón, símbolo da paz en China,
segundo a ferramenta que proporcionamos, este conto, "O nacemento do dragón".
Faremos a nosa propia versión do dragón, que será o encargado de enviar as nosas cartas cheas de gratitude, hacia esas persoas que todos os días constrúen a non violencia. Eses exemplos que nos mostran o auténtico camiño da paz.
Son visual
Texto para pequenos lectores
DENDE O
EQUIPO DE CONVIVENCIA SEGUIMOS A TRABALLAR A GRATITUDE COMA FORMA DE LOITAR CONTRA OS CONFLICTOS VIOLENTOS.
ESTE ANO, PROPUXÉMOSLLE AO NOSO ALUMNADO A ACTIVIDADE “CARTAS DE GRATITUDE POLA PAZ”:
CONSISTE EN ESCRIBIR UNHA CARTA DE AGRADECEMENTO Á PERSOAS OU ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN NA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA E DOS PREXUIZOS DE TODO TIPO, NA PROMOCIÓN DA CULTURA DE PAZ E OS DEREITOS UNIVERSAIS DAS PERSOAS, ETC.
NO DÍA 29 DE XANEIRO, FARASE UN PEQUENO ACTO DE AGRADECEMENTO NOS PATIOS DE RECREO, SE O TEMPO O PERMITE.
CADA NENE ESCRIBIRÁ NUN PAPEL TRES SITUACIÓNS DA AULA POLAS QUE ESTÁ AGRADECIDE, ASÍ COMA ÁS PERSOAS QUE TIVERON QUE VER NESTAS SITUACIÓNS.
EXEMPLO: 1. GRAZAS Á MIÑA AMIGA MARÍA POR
XOGAR COMIGO ESTA SEMANA.
2. GRAZAS Á MIÑA PROFE QUE ME AXUDOU COAS CONTAS.
3. ...
TAMÉN PODERÁN SER DEBUXOS OU ESCRIBIR A PALABRA "GRAZAS", COMA
XESTO SIMBÓLICO EIXE DA ACTIVIDADE.
A CONTINUACIÓN FARASE UN AVIÓN CON ESTE PAPEL QUE BOTAREMOS A VOAR NO PATIO
PARA FINALIZAR A ACTIVIDADE “CARTAS DE GRATITUDE POLA PAZ”. POR ÚLTIMO
DEIXAREMOS QUE O ALUMNADO COMPARTA ESTAS SITUACIÓN DE AGRADECEMENTO COS/AS
COMPAÑEIROS/AS.
EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROPONSE TAMÉN TRABALLAR A FIGURA DO DRAGÓN, SÍMBOLO DA PAZ EN CHINA, SEGUNDO A FERRAMENTA QUE PROPORCIONAMOS, ESTE CONTO, "O NACEMENTO DO DRAGÓN".
Comentarios
Publicar un comentario