NOVEMBRO, MES DA GRATITUDE
Novembro, un mes para agradecer.
Neste mes, dende o Equipo de Convivencia e en consoancia co Programa de acollida e cohesión do alumnado pola situación da COVID, pretendemos por en valor a actitude de agradecer ás persoas que nos rodean. Tedes na sala de mestras, unha serie de tarxetas para agradecer ó
profesorado que considerades merece un momento de recoñecemento, por
pequeno que nos pareza. Se a túa foto da infancia non está na parede,
trae unha! Tes as instruccións na mesa de reunións. Esta actividade xa está explicada aquí.
Nas aulas, queremos compartir esta actividade que nos levará soamente un minuto, o xogo da gratitude.
Algúns cursos xa teñen este agasaio para manter unha actitude de
agradecemento desde un prantexamento lúdico. Iremos repartindo o
material ás clases que faltan. Necesitades un dado para xogar e
agradecer.
Se estás interesade en coñecer o noso Programa de Acollida e Cohesión do alumnado no centro tras o período do confinamento, xa o tes na barra lateral da páxina este material onde atoparás actividades coma esta.
Comentarios
Publicar un comentario