Día Internacional da Infancia. Somos INVENCIBLES!

Nun día coma hoxe, o claustro do CEIP Mestre Martínez Alonso quere dicirvos a todes vós: nenos, nenas e nenes do noso colexio, que sodes marabillosos!!


Grazas por encher as nosas aulas baleiras por tantos meses coa vosa ledicia, grazas por recordarnos a nosa paixón, grazas por facer deste lugar, un lugar mellor. Grazas a vós, SEMPRE! Porque vós sodes os protagonistas desta historia. Sen vós, o colexio, non tería sentido nin razón de ser.

E para celebralo, hoxe 20 de novembro de 2020, propoñémosvos que esta canción que estades a practicar nas aulas se convirta nun himno este ano, para que este curso recurrades a ela cando teñades un día difícil. Porque nós, nenes, cremos que sodes INVENCIBLES!!

 


SON VISUAL.

TEXTO PARA PEQUENOS LECTORES.

GRAZAS POR ENCHER AS NOSAS AULAS BALEIRAS POR TANTOS MESES COA VOSA LEDICIA, GRAZAS POR FACER DESTE LUGAR, UN LUGAR MELLOR. GRAZAS A VÓS SEMPRE!!! PORQUE SODES VÓS OS PROTAGONISTAS DESTA HISTORIA. SEN VÓS, O COLEXIO, NON TERÍA SENTIDO NIN RAZÓN DE SER.

E PARA CELEBRALO, HOXE 20 DE NOVEMBRO 2020, PROPOÑÉMOSVOS QUE ESTA CANCIÓN QUE ESTADES A PRACTICAR NAS AULAS SE CONVIRTA NUN HIMNO ESTE ANO, PARA QUE ESTE CURSO RECURRADES A ELA CANDO TEÑADES UN DÍA DIFÍCIL. PORQUE NÓS, NENES, CREMOS QUE SODES INVENCIBLES!!!

 

Especialmente adicado ó noso alumnado confinado nos seus fogares. 💕

Comentarios

Publicar un comentario

Escola de familias

Entradas populares