NO MEU CORPO MANDO EU (non se toca, non se humilla).

Hoxe, 25 de Novembro, dende o Ceip Mestre Martínez Alonso queremos mostrar o noso apoio a todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Tamén queremos lembrar a todas as nenas e nenos, vítimas colaterais desa violencia.


Sabemos que o confinamento trouxo consigo que moitas mulleres quedaran encerradas nas súas casas co seu maltratador. Hoxe, máis que nunca, queremos dicirlle a esas mulleres e a esas nenas e nenos que estamos do seu lado e que dende aquí loitamos para que esa violencia desapareza.

Pode que non teñamos a solución ao problema, pero dende o CEIP Mestre Martínez Alonso queremos aportar o noso gran de area para un futuro sen violencia de xénero.

Hoxe os baños do noso alumnado apareceron cunha mensaxe clara ‘No meu corpo mando eu. Non se toca, non se humilla'. Con ela queremos que o noso alumnado entenda que o maltrato, sexa do tipo que sexa, non ten cabida na nosa sociedade.

Para os mais cativos queremos ofrecerlles un conto sinxelo pero moi claro, que reflicte a temática anterior ‘Kiko y la mano’ . Porque se queremos unha sociedade libre de violencia de xénero debemos comezar a construíla dende a máis tenra infancia.

 

SON VISUAL. 


FOTOGRAFÍAS DOS NOSOS BAÑOS.




 

RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS.


 

Comentarios

Publicar un comentario

Escola de familias

Entradas populares