COMO ENTRAR NUNHA CLASE VIRTUAL NO WEBEX.
Aula virtual, clases virtuais e o que se nos poña por diante!! Xuntes lograremos estar preparades para o que sexa neste curso 2020/21.
Nesta entrada ofrecémosche dúas infografías para que poidas entrar sen dificultade nunha reunión ou clase virtual por Webex. Soamente terás que seguir uns sinxelos pasos e xa poderemos conectarnos a través da maxia do mundo 2.0.
Pero o primeiro que debes saber é o porque da nosa elección da plataforma Webex de Cisco para traballar co alumnado. Cisco Webex é unha plataforma de vídeochamada ou vídeocoferencia con máis de quince anos de antugüidade que nos oferta a Xunta de Galicia. Decantámonos por esta ferramenta porque é corporativa, profesional e consideramos, a máis segura para o noso alumnado. En Internet e na escola, a seguridade des noses alumnes, a nosa prioridade.
Vou a entrar en Webex dende un ordenador de sobremesa ou portátil.
Aquí tes o itinerario:
Vou a entrar en Webex a través dunha tablet ou dun smartphone (teléfono móvil):
Aquí tes o itinerario:
Estas semanas estaremos traballando desde as aulas para que o noso alumnado sexa autónomo e poida manexar o webex sen axuda, pero non está de máis ter estas ferramentas a man para poder acceder a elas en caso de necesidade.
Queremos aproveitar para lembrar que en Webex tedes unha opción para difuminar o fondo de pantalla ou mesmo cambialo. Debemos coidar sempre a nosa privacidade e apreder normas básicas de comportamento neste tipo de actividades, ou netiqueta, que se lle ven chamando. Pero isto volo contamos en próximas entradas...
Comentarios
Publicar un comentario