MENTALIDADE DE CRECEMENTO

Que é iso da Mentalidade de Crecemento?




    A mentalidade de crecemento é moitas cousas, pero sobre todo é un xeito de vida. Todas as persoas deberíamos tratar de vivir cada día cunha mentalidade de crecemento, pero isto é dende logo moito máis sinxelo se o aprendemos xa nos primeiros anos.

    Existen dous tipos de mentalidade: mentalidade fixa e mentalidade de crecemento. Cando tes mentalidade fixa o que ocorre e que cres que chegas ao mundo cuns certos talentos e capacidades e pouco poder facer por cambialas.  

    Porén, se tes mentalidade de crecemento sabes que sempre podes mellorar en todo o que te propoñas. Iso non quere dicir que se che gusta o fútbol chegues a ser coma Vero Boquete pero si que se entrenas moito, usas as estratexias adecuadas e tes un bo feedback sempre poderás ser mellor.

    Son moitos os eixes que podemos seguir para adquirir a mentalidade de crecemento: o poder do todavía, a gratitude, celebrar os erros, buscar os desafíos, valorar os intentos...

    Pero non vos preocupedes, pasiño a pasiño iremos aprendendo sobre todo isto nas diversas entradas do noso novo blog!

    Dalle a Mentalidade de Crecemento con nós!





Comentarios

  1. Que importante e fomentar a mentalidade de crecemento, sobre todo para que os peques que teñen dificultades de calquera tipo saiban que con esforzo todo se pode mellorar.Fantastico blog

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Escola de familias

Entradas populares