A GRATITUDE

A Gratitude no ano do Coronavirus




 Foto de Karolina Grabowska en Pexels

    Este curso 2020/21 temos pensado que é o ano perfecto para traballar a gratitude. E por que é iso? Pois porque a pesares de todas as desgracias que estamos a vivir con esta pandemia sempre teremos que ser capaces de atopar cousas polas que dar grazas. Tal vez sexa dificil pero dende logo nunca imposible. 


    Agradecer ten todas estas vantaxes (entre outras):

  • Mellora a saúde: o benestar físico, emocional e social,
  • Aumenta o opitimismo e a felicidade,
  • Aumenta tamén a autoestima,
  • Sube a enerxía,
  • Mellora a intelixencia emocional e académica,
  • Baixa o estrés,
  • etc, etc, etc.

    Todo isto e moito máis simplemente por ser agradecido! Haberá que practicalo entón, ;). 

    Ademáis se o pensas ben é gratis e non custa tanto esforzo. Unha vez teñamos o hábito ademáis, todo será máis sinxelo!


    Isto do agradecemento imos tratar de traballalo por trimestre. E non só o alumnado senón o profesorado e as familias tamén!


    Xa che iréi contando!!! Pero empezamos de seguida! Let's go and thank you!!!

Comentarios

Escola de familias

Entradas populares