Cando "A cerda", "A Zorra", "A loba" e "A Perra" se manifestaron un 8 de marzo
Por que non poden ser elas as protagonistas dos contos tamén?
Afortunadamente son xa mais dun par de contos os que teñen a nenas ou mulleres coma protagonistas das súas historias. Pero... ocurre o mesmo co mundo animal?
Agora que no noso cole estamos a traballar o mundo dos animais como o noso proxecto de centro, decidimos facernos esa pregunta.
E mira por onde vimos que a maioría eran animais machos e non femias. Pero ademáis diso caímos na conta de que moita da linguaxe usada para definir as femias era inda por riba negativa!!! OMG! (isto é coma.. "miña nai queridiña!")
De ahí que este 8 de marzo no curso de 6º de primaria imos facer dende o equipo de convivencia un miniobradoiro para traballar o conto...
"La perra, la cerda, la zorra y la loba"
Como che queda o corpo? A que soa un tanto raro... Pois sí, e a principal razón e que este vocabulario ten unha connotación moi negativa máis aló do seu significado principal
Arriba as perras! Abaixo os machos!
(entendendo por machos non os homes ou os nenos varóns, senón os machitos de antes... xa sabes...)
Comentarios
Publicar un comentario